¿Como o facemos?

  • Deseño

    Talleres Doval conta cun departamento de deseño propio, que se encarga da concepción e desenvolvemento dos proxectos dos nosos clientes mediante o uso de programas 3D. Unha vez deseñado o proxecto, iníciase a segunda fase da cadea produtiva: o corte, punzado, encartado, soldadura ou ensamblaxe, segundo as características requiridas. Todo este proceso realízase seguindo un rigoroso sistema de calidade propio.

  • Maquinaria
    • Corte por láser

      As nosas máquinas de corte por láser, con sistema de carga automatizado e mesa de traballo de 3000 x 1500 mm, son capaces de cortar chapa de aceiro ao carbono de ata 20 mm de espesura, aceiro inoxidable de ata 12 mm ou aluminio de ata 6 mm, entre outros materiais.

    • Punzado

      Dispomos de punzadora CNC cun área de traballo sen reposición de 1270 x 1250 mm, forza máxima de 30 Tm e cargador de ferramentas de 31 estacións. É apta para todo tipo de cortes e molduras en chapa de ata 4 mm de espesura.

    • Pregado

      Contamos con pregadoras CNC de ata 6 eixes, lonxitude de 2 a 5 metros e dende 80 ata 300 Tm de forza. Estas máquinas presentan, amais, un sistema de corrección automática do ángulo de encartado.

  • Soldadura e ensamblaxe

    Para a ensamblaxe final das pezas dispomos de máquinas fixas e portátiles para a soldadura por puntos de ata 60 kVA, así como unha ampla gama de soldaduras MIG e TIG.