Historia

Talleres Doval inicia a súa andaina da man do seu fundador, Domingo Antonio Doval Paz, no ano 1945. Nos seus albores, a empresa dedicábase á reparación da chapa que constituía a carrocería dos vehículos.

Xa na década dos 50 comeza a fabricación dalgúns dos compoñentes da cabina do camión PEGASO.

Nos anos 60, co nacemento dos vehículos especiais forestais da marca IPV, comeza o proceso de fabricación de cabinas e parte dos chasis dos devanditos vehículos. Por outra banda, a demanda dos seus clientes lévalle a especializarse na realización de pezas de caldeirería de ata 15 mm de espesura.

Tralo falecemento do seu fundador no ano 1988, Talleres Doval constitúese en sociedade limitada, pasando a denominarse Talleres Doval, S.L. A empresa continúa coa súa política de modernización ata chegar a dispor actualmente da tecnoloxía máis punteira para o corte, encartado, punzado e soldadura de pezas de aluminio, aceiro ao carbono e inoxidable. E se a devandita tecnoloxía mellorou de forma considerable, os sectores que conforman o negocio da empresa non lle foron á zaga, xa que se ampliaron paulatinamente.

No ano 1999 créase a sociedade Industrias Dovaltac, S.L. (da que Talleres Doval é partícipe), especializada na ensamblaxe de carrocerías e outras estruturas metálicas.