Presentación

Talleres Doval, S.L. dedícase principalmente ao deseño e fabricación de pezas de caldeirería fina, con especial fincapé no sector dos vehículos especiais, ademais doutros como a industria naval, eólica, alimentaria, etc. Por iso empregamos materiais tan diversos como o aceiro inoxidable, o aceiro ao carbono e o aluminio.

A nosa actividade desenvólvese en 4000 m2 de naves sitas en Lugo, que dispoñen de maquinaria con tecnoloxía punta, como máquinas de corte por láser, pregadoras CNC de ata 5 m, punzadora CNC, máquinas de soldadura por puntos, cilindros, prensa mecánica e cizallas, entre outras.

O departamento de deseño basea o desenvolvemento do seu traballo no uso de software 3D, mediante o cal se elaboran os ficheiros CAD/CAM necesarios para a súa integración en máquina e posterior fabricación, cumprindo en todo momento as premisas do seu propio sistema de calidade.