¿Que facemos?

O sector máis importante dentro da produción de Talleres Doval son os vehículos especiais, tanto militares como civís, así como as carretillas elevadoras, os guindastres e os dumpers todoterreo.

Nun segundo plano elabóranse pezas de diversa índole. A modo de exemplo citamos algúns dos nosos traballos: pezas para o sector pesqueiro, armarios metálicos dispensadores de DVD, rótulos, carenas de máquinas para fabricacións en serie, pezas de diferentes elementos de produción eólica, andeis metálicos para almacenaxe, cabinas de mando para guindastres, carriños auxiliares para a industria alimentaria, etc.

Estes son algúns dos nosos traballos: